Dous de cada dez doentes de covid-19 desenvolven síntomas persistentes e incapacitantes tras a infección aguda. Esta patoloxía denomínase covid persistente e calcúlase que ata 27.000 pacientes padecen esta enfermidade en Galicia e máis de 800.000 en todo o territorio estatal. Estes son algúns dos datos que manexa e xustifican o proxecto Coperia, posto en marcha o pasado ano para apoiar a estes pacientes mediante a creación dunha plataforma baseada en intelixencia artificial. A iniciativa, na que participan varios grupos de investigación da Universidade de Vigo, foi presentada este mércores no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Coperia está “orientado ao desenvolvemento e validación clínica dunha plataforma multidisciplinar e integral baseada en intelixencia artificial para o diagnóstico, empoderamento, rehabilitación holística e personalizada, así como a xestión clínica de doentes afectados por covid persistente”. O consorcio do proxecto está formado por Bahía Software, 10 METS, Imaxin Software, a Fundación Biomédica Galicia Sur e, por parte da Universidade de Vigo, o Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM), do campus de Vigo, e o Laboratorio de Informática Aplicada (LIA2), do campus de Ourense, liderando esta participación académica Carmen García Mateo, Laura Docío e Xosé Antón Vila. Na presentación da iniciativa, Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, explicou que a iniciativa conta cun orzamento de máis de 700.000 euros, coa implicación da Axencia Galega de Innovación, co cofinanciamento do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no eixo REACT-UE, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19.
Desde el inicio del proyecto COPERIA, con el apoyo de la Xunta de Galicia y la Axencia Galega de Innovación (GAIN) como parte de la respuesta europea a la pandemia de COVID-19 mediante una cofinanciación con fondos FEDER en el marco del eje REACT-UE, han pasado ya 9 meses en los que los diferentes socios del proyecto han trabajado en sentar las bases para el diseño y puesta en marcha del proyecto COPERIA a nivel clínico, técnico y legal.
Los resultados más importantes durante estos nueve meses han sido los siguientes:
1. Aprobación condicional de los ensayos clínicos del proyecto COPERIA, pendientes de una evaluación de alto impacto: Los ensayos DICOPERIA (DIagnóstico diferencial de COvid PERsistente por medio de Inteligencia Artificial), COPERIA-REHAB (Rehabilitación física y respiratoria para pacientes con COVID Persistente) y COPERIA-COG (Programa de rehabilitación cognitiva online para pacientes con COVID Persistente). La aprobación condicional de los ensayos clínicos nos permitirá comenzar con el reclutamiento de pacientes y la realización de pruebas preliminares previas a las intervenciones después del verano.
2. Diseño y desarrollo de la plataforma COPERIA: Se ha diseñado la arquitectura de la plataforma, que empleará tecnologías cloud y de microservicios. Se ha completado el desarrollo del prototipo de la plataforma web que permitirá a los clínicos introducir la información necesaria de los pacientes de los estudios y realizar un seguimiento de estos. Actualmente, el desarrollo de la versión móvil de la plataforma está en marcha, lo que permitirá a los pacientes de los grupos de intervención de los ensayos clínicos realizar los ejercicios diseñados por los clínicos para la rehabilitación física y cognitiva de los pacientes.
3. Inicio de los trabajos de técnicas de cribado y diagnóstico de pacientes COVID persistente: Paralelamente al desarrollo de la plataforma y redacción de ensayos clínicos, el consorcio COPERIA ha comenzado con el desarrollo de algoritmos de IA que permitan explotar los datos que se recopilarán de los pacientes de los diferentes estudios, principalmente sus datos clínicos, ficheros de voz, de variabilidad cardiaca y de conductancia dérmica. Se ha desarrollado una base de datos que dará cabida a toda la información necesaria para el uso de dichos algoritmos y que permitirá a los investigadores el acceso directo a los datos que necesiten.
4. Desarrollo de contenidos para pacientes: Desde COPERIA se están desarrollando contenidos de salud para el empoderamiento del paciente en base a guías clínicas validadas y con la colaboración del personal clínico participante en el proyecto. A parte de consejos generales de salud, se describen contenidos de higiene del sueño, nutrición y dieta y, finalmente, terapias cognitivas basadas en mindfulness para tratar problemas relacionados con el COVID persistente como el estrés o la ansiedad.
5. Desarrollo de módulos de rehabilitación física: Se ha desarrollado un protocolo de rehabilitación online a través de la plataforma COPERIA supervisado por profesionales de 8 semanas de duración. Las sesiones contendrán tareas de trabajo respiratorio, cardiovascular, de fuerza y de flexibilidad. Los programas serán completamente adaptados a las capacidades del paciente y en continua comunicación con este, sus facultativos y los profesionales de rehabilitación.
6. Desarrollo de módulos de rehabilitación cognitiva: Entre las consecuencias de la COVID persistente se incluye un aumento de síntomas neurológicos como fatiga muscular, vértigo, insomnio, confusión, etc. Por ello, desde la plataforma COPERIA se ha desarrollado un programa de rehabilitación cognitiva basado en serious games con temáticas entretenidas que permitan recuperar las habilidades cognitivas perdidas por los pacientes del ensayo a través de mecánicas y temáticas entretenidas que motiven al paciente en el proceso.
Avanzar no campo da comprensión automática da linguaxe falada na comunicación persoa-máquina, mediante o desenvolvemento e implementación de axentes conversacionais por voz, é o obxecto da tese de Andrés Piñeiro, que está a desenvolver dende área de I+D+i da empresa Balidea, a través do programa de Doutoramento Industrial da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro do programa de doutoramento DocTIC da Universidade de Vigo.
Con esta tese, dirixida por Carmen García Mateo e Laura Docío Fernández, buscamos contribuír ao desenvolvemento da tecnoloxía da fala e da linguaxe en ambientes bilingües galego-castelán. Actualmente non existen sistemas estándar para o NLP (procesamento de linguaxe natural, polas súas siglas en inglés) ou para o SLU (en inglés, comprensión da linguaxe falada) en galego.
No plan da tese prevese o desenvolvemento de prototipos que validen a investigación en tres ámbitos: o da administración electrónica, o sociosanitario e o da industria 4.0. Polo tanto, o coñecemento e experiencia obtidas con esta investigación suporán un referente dentro do mundo dos asistentes conversacionais en galego-castelán, cunha grande proxección de cara ao seu posible uso polas administracións e empresas galegas.
Balidea conta con anos de experiencia no desenvolvemento de tecnoloxías da fala baseadas en Intelixencia Artificial (AI), con algúns proxectos dos que xa se realizaron probas piloto e outros que están en proceso. Neles iranse aplicando todos os avances obtidos durante este programa de doutoramento.
Neste vídeo, afondamos no atractivo do programa de Doutoramento Industrial, nas posibilidades de investigación que ofrece dentro das empresas e no abano de coñecemento que amplía no caso particular das tecnoloxías de interacción dixital, poñendo o foco na importancia do emprego nelas da lingua galega.
O proxecto COPERIA axudará na identificación e apoio asistencial a doentes de covid persistente
Dous de cada 10 doentes de covid-19 desenvolven síntomas persistentes e incapacitantes trala infección aguda. Esta patoloxía denomínase covid persistente. Calcúlase que ata 27.000 pacientes padecen esta enfermidade en Galicia e máis de 800.000 en todo o territorio nacional.
Como parte da resposta europea á pandemia, a Xunta de Galicia, a través do programa Conecta COVID cofinanciado con fondos FEDER no marco do eixe REACT-UE, decidiu apoiar o desenvolvemento do proxecto COPERIA. Nel, tres pemes e dous organismos de investigación galegos colaborarán para desenvolver unha solución orientada ao desenvolvemento e validación clínica dunha plataforma multidisciplinar e integral para o diagnóstico, empoderamento, rehabilitación holística e personalizada e a xestión clínica de pacientes afectados por covid persistente. O consorcio está formado por Bahía Software, Imaxin Software, MIALESAN, a Universidade de Vigo -representada polos grupos de investigación Grupo de Tecnoloxías Multimedia de atlanTTic e o Laboratorio de Informática Aplicada- e a Fundación Biomédica Galicia Sur, coa unidade de covid persistente do Hospital de Ourense.
O proxecto conta cun orzamento de 766.949,73 € e unha duración de 18 meses, dende o 1 de novembro de 2021 ata o 30 de abril de 2023.
Mais info na web do proxecto COPERIA
O docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e investigador de atlanTTic José Luis Alba Castro é o novo gañador do Premio Revelación do Fórum RIES, un encontro que reúne esta semana no Balneario de Mondariz os principais axentes do sector saúde do ámbito público e privado a nivel europeo. Alba recibiu o premio polo proxecto SignaMed, unha aplicación para consultar termos médicos en lingua de signos desenvolta polo Grupo de Tecnoloxías Multimedia ao abeiro do proxecto Speech&Signs, un traballo posto en marcha co obxectivo de que as persoas xordas poidan consultar termos médicos e de saúde en Lingua de Signos Española (LSE), usando tanto texto como signos diante da cámara web.
A aplicación, que xa está operativa, ten a particularidade de que pode ir medrando coa colaboración das propias persoas signantes, que gravan signos ante a cámara para adestrar modelos de recoñecemento automático e axudar a derrubar barreiras comunicativas. Concibida a modo de dicionario, a nova app permite tamén que o persoal sanitario poida familiarizarse con termos médicos en lingua de signos e sexa capaz de entenderse mellor con pacientes con xordeira. Nesta liña, o Centro de Normalización Lingüística de la Lengua de Signos Española (CNLSE) e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) xa están colaborando para que o dicionario se converta nunha ferramenta de uso xeral nos próximos años.
Mais info na web do Ler a nova completa no DUVI
Un dos obxectivos do proxecto Speech&Signs é a difusión das súas actividades cara ao público en xeral, e a comunidade de persoas xordas en particular. Con este obxectivo estánse a elaborar unha serie de vídeos explicativos en lengua de signos española (LSE) subtitulados en español e locutados en galego.
Que é Speech&Signs
Que é o recoñecemento automático de LSE
Presentación do equipo do proxecto Speech&Signs
A Base de Datos de videos signando
A aplicación SignaMed: diccionario de termos médicos accesible en LSE