Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O grupo conta coas infraestruturas necesarias para levar a cabo as súas tarefas de investigación e transferencia. Estas son fundamentalmente:

  • Rede informática composta por servidores de procesos, periféricos e computadores persoais. Nos últimos tempos reforzouse a rede de servidores informáticos debido á intensificación das nosas actividades no campo da «aprendizaxe automática con redes neuronais profundas». Os servidores están equipados con procesadores Intel Xeon cun total de 368 núcleos (736 subprocesos de procesamento paralelo), aproximadamente 3,2 TB de RAM e 120 TB de capacidade de almacenamento total. Ademais, 5 dos servidores contan con 18 procesadores gráficos de alto rendemento (GPU), cun total de 61 696 núcleos Cuda de procesamento paralelo e 192 GB de RAM. Hai dous sistemas RAID con disco SSD, con capacidades de 19 TB e 6,5 TB, para un acceso rápido dos servidores aos arquivos en disco. Os servidores con GPU e os servidores de almacenamento forman unha rede Ethernet de 10 Gbps de baixa latencia que comparte un conmutador adecuado para estas velocidades. Este equipo é adecuado para o uso diario, pero resulta insuficiente cando adestramos algoritmos de redes neuronais profundas (DNN) ou cando competimos en avaliacións internacionais.
  • Material de audio e vídeo e equipos de control, procesamento e visualización para realizar gravacións multimodales. Cámaras con sensores de profundidade e infravermellos. Cámaras e lentes específicas para aplicacións de visión artificial na industria.
  • Laboratorio de acústica composto por unha cámara acústica semianecoica e unha sala de escoita de tipo «non ambiental» con equipos de hardware e software para a adquisición e reprodución multicanle de sinais acústicos e vibratorias, e equipos para a adquisición e reprodución de sinais acústicos subacuáticos.