Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM)

O grupo centra as súas actividades no campo do procesamento de sinais e mantén liñas de investigación activas nas áreas de tecnoloxías de procesamento de voz, acústica e son, imaxe e vídeo.

O equipo de investigación da Universidade de Vigo (UVIGO) conta cunha ampla e contrastada experiencia (máis de quince anos) nas liñas de investigación de conversión de texto a voz (TTS) e recoñecemento automático de voz (ASR) en galego e español, e na liña de análise e recoñecemento facial (iniciada hai máis de 25 anos). Nestes campos, participou en varios proxectos financiados a nivel europeo, nacional e rexional, ademais de diversos contratos con empresas. Como resultado, este equipo conta cos seus propios algoritmos e ferramentas de software, que poden adaptarse a un novo marco experimental en pouco tempo.