Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

10/11/2026

Un equipo de investigación de atlanTTic, Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo participou no desenvolvemento de VisIA-Q, un conxunto de datos que reúne información demográfica e psicométrica de máis de 200 adolescentes de entre 12 e 17 anos. O traballo, publicado na revista Scientific Data, do grupo Nature, conta tamén coa participación dos servizos de Psiquiatría dos hospitais de Ourense e Vigo e do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e proporciona un recurso de investigación para estudar a saúde mental na adolescencia e avanzar no desenvolvemento de ferramentas de detección temperá.

O conxunto de datos inclúe información de tres grupos de adolescentes: mozos e mozas que atravesaron unha crise suicida recente, pacientes atendidos en servizos de Psiquiatría por outros motivos e adolescentes sen antecedentes coñecidos. Para a súa elaboración empregáronse sete instrumentos psicométricos validados, que permiten dispoñer tanto das respostas individuais aos distintos ítems como das puntuacións globais das probas. A avaliación abarca ideas suicidas, problemas xerais de saúde mental, síntomas depresivos, acoso escolar, ciberacoso e o uso problemático de Internet. Este conxunto de datos constitúe un recurso valioso para investigadores en psiquiatría, psicoloxía, estatística e aprendizaxe automático estuden os factores psicolóxicos asociados á tendencia suicida nos adolescentes e desenvolvan modelos predictivos para a avaliación do riesco.

Read the full news on the DUVI