STEM: unha loita de xénero ou algo máis?

Carmen García Mateo participou no IV Encontro pola Corresponsabilidade organizado por  Executivas de Galicia o 26 de outubro de 2019 coa ponencia:  “STEM: unha loita de xénero ou algo máis?”

Mais información 

A conferencia centrouse  reflexionar  acerca da situación actual de descenso da taxa de mulleres en estudos universitarios das áreas de coñecemento  STEM (acrónimo en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). A pesar de ser estudos con perfís moi demandados no mercado laboral, a brecha de xénero no canto de diminuír agrándase. A sociedade en xeral non pode permitirse esta perda de talento feminino polo que é necesario facer todo o que se poida por impulsar  as vocacións  STEM nas mulleres e especialmente entre as nenas.