As universidades galegas traballan en colaboración co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades dende 1995, pero este apoio e sinerxía ratificouse este martes coa sinatura de cadanseu convenio entre os tres reitores e o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez. A finalidade dos acordos é fomentar e dotar de fondos os 18 proxectos que dende o Centro Ramón Piñeiro se veñen desenvolvendo coas universidade de Vigo, Santiago e A Coruña.